travelling frontal:
travelling lateral:
O pasado día 11 de Abril acudimos a unha saída didáctica coa clase de CAU.
En canto chegamos a Santiago atravesamos a pé o Parque Monte da Almaciga, ao final de este vemos unhas grandes hortas e continuamos o noso camiño ao lugar da exposición (Centro Galego do Arte Contemporáneo). Ao acabar de comer asistimos aos Cines Numax a ver o filme “Matria”.
O que máis me gustou ou chamou a atención foi a última parte da exposición, con obras de temática máis política. A obra que máis me sorprendeu e gustou foi a de unha rapaza que fixera un “pantalón” con compresas e incluso se deixara unha mancha, como intento de normalizar o ciclo menstrual. Tamén me pareceu interesante que nos deixaran poñer a cada un un post-it con unha mensaxe que quixeramos nunha parede. En xeral, a sección das “Guerrilla Girls” para min foi o mellor da saída.








Imitación foto Chema Madoz:
A continuación adxuntarei unha imaxe realizada por min baseandome nunha de Chema Madoz, tiven que poñerlle un filtro en branco e negro para aumentar o parecido.
Abaixo vou publicar unhas imaxes realizadas nun improvisado estudo fotográfico no que se puxo un busto sobre unha cadeira e se usou un fondo escuro para fotografialo. Fixemos algunhas fotografías con iluminación dende distintos ángulos, a luz apunta a un lado do busto facendo así que o lado contrario teña sombra.
O día 23 de febreiro de 2022 asistimos á exposición de Peter Lindbergh e,máis tarde á de " Mirar de novo. A muller contra o tempo" ambas en A Coruña.
A primeira estaba situada na zona portuaria, pasas a través dunha especie de túnel feito de contenedores que te dirixe á sala principal. Na primeira sala vemos unha especie de tráiler sobre as imaxes do famoso fotógrafo. Logo xa dentro da nave podemos observar salas cheas de imaxes en formatos grandes recubrindo as catro paredes,imaxes icónicas e de persoaxes importantes como Kate Moss, Naomi Campbell ou Nicole Kidman. As salas destacaban principalmente por as diferentes luces e a maneira na que estas afectan á visual de maneira favorable.
Baixo un punto de vista máis persoal atopo a exposición como unha saída interesante e realmente importante para alguén interesado no mundo audiovisual, xa que che da a coñecer novas maneiras de retratar e con elas ao seu fotógrafo.
Na segunda exposición, realizada por Afundación en A Coruña fomos a ver distintas obras da época contemporánea realizados por mulleres, intencionalmente silenciadas neste ámbito. En total había unhas 33 obras de 31 artístas que foron realizadas dende o século XX ata o día de hoxe.
Na miña opinión outra saída moi importante e de gran interese, principalmente para as mulleres. Xa que podemos descubrir novas artistas e así poder ter referentes no mundo artístico debido a que, como comentei antes a muller foi silenciada en certos campos durante moito tempo.
Na seguinte entrada usei o programa de manipulación de imaxes de GNU para cambiar unha fotografía e destacar o centro de atención da mesma.
A cor dalle temperatura á imaxe
Imaxe orixinal:
En esta entrada aparecerán imaxes compostas por tres importantes elementos como son: a luz,a sombra e a textura.
LUZ: a luz é un elemento fundamental na fotografía. É un elemento que actúa como ferramenta para destacar obxectos, ocultar figuras ou engadirlle dramatismo.
Poden ser varios os elementos que chamen a nosa atención.
PUNTO:
Pode ser calquera elemento que chame a nosa atención.
RECTAS:
Segundo onde estén situadas dividen ou dirixen a mirada.
FORMAS:

ARTE SURREALISTA:
Representa algo irreal,un soño.
ARTE HIPERREALISTA:
Reproduce a realidade moi precisa e realista.
Que é unha imaxe? Como definirías ti unha imaxe?
Eu definiría a imaxe como unha realidade plasmada nunha fotografía,estatua ou pintura.
ETIMOLÓXICO: Segundo a etimoloxía de imaxen ésta é unha "imitación" da realidade.
FILOSÓFICO: Segundo a filosofía a imaxe é unha representación de algo que está no teu entorno.
POLÍTICO: A imaxe política é cando usas a mesma ao teu beneficio,con un obxectivo político.
ARTÍSTICO: A imaxe artística transportase do pensamento do artista á realidade.
ECONÓMICO: Neste ámbito a imaxe usase como marketing,mostrandolle ao público o que ti queres que relacionen ou perciban sobre a túa empresa. Ten que ser algo chamativo e que faiga que as persoas teñan interese no que pretendes vender.
travelling frontal: travelling lateral: