Cartier-Bresson
Henri Cartier-Bresson naceu o 22 de Agosto de 1908 (Francia) e faleceu o 3 de Agosto de 2004. A pesar do seu lugar de nacemento, criouse en París.
Aos 5 anos interesouse pola pintura, grazas a que seu tío pintor o levou a ver o seu estudio pero acabou por namorarse deste arte aos 15 anos. Cando mercou a súa primeira cámara (unha ‘Brownie Box’) só a vía como "unha maneira rápida de debuxar intuitivamente" e finalmente aos 18 anos de idade adicabase únicamente á pintura. Unhos anos máis tarde decideu probar a técnica que usaba cos seus debuxos para facer algunhas fotografías.
Non foi ata os 20 anos cando Bresson empezou a revelar as propias fotografías. Cando tiña tan só 22 anos a fotografía comezou a chamar moito máis a súa atención. Comezou a facer fotos de maneira máis seria cando viaxou a Costa de Marfil e era cazador.
(esta fotografía foi a que fixo que se interesara máis por dita arte,
Martin Munkácsi,1929)
Ao longo da súa vida puido retratar a grandes célebres, tal e como poden ser Henri Matisse, Pablo Picasso, Irène Joliot-Curie e incluso a Fidel Castro ou Che Guevara. Tivo a oportunidade de rexistrar importantes eventos como a morte de Gandhi ou mesmo a Guerra Civil Española, na cal puido filmar un documental propagandista sobre o bando vermello "Victorie de la vie", aínda que non tivo gran éxito como cineasta. Bresson foi o único periodista de occidente que tivo permitido visitar, tras a morte de Stalin, a Unión Soviética.
En Maio do 47 funda a axencia Magnum (xunto con Robert Capa, George Rodger,David Seymour e María Eisner), sendo esta a primeira axencia de fotografía cooperativista, na que os autores das fotografías manteñen os dereitos das mesmas e deciden por sí mesmos a onde viaxan. Dende a súa fundación foi medrando e a día de hoxe nela encontranse moitos dos principais fotógrafos do mundo.
Imitación foto Chema Madoz:
A continuación adxuntarei unha imaxe realizada por min baseandome nunha de Chema Madoz, tiven que poñerlle un filtro en branco e negro para aumentar o parecido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario