viernes, 28 de abril de 2023

Saída didáctica

 O pasado día 11 de Abril acudimos a unha saída didáctica coa clase de CAU. 

En canto chegamos a Santiago atravesamos a pé o Parque Monte da Almaciga, ao final de este vemos unhas grandes hortas e continuamos o noso camiño ao lugar da exposición (Centro Galego do Arte Contemporáneo). Ao acabar de comer asistimos aos Cines Numax a ver o filme “Matria”.

O que máis me gustou ou chamou a atención foi a última parte da exposición, con obras de temática máis política. A obra que máis me sorprendeu e gustou foi a de unha rapaza que fixera un “pantalón” con compresas e incluso se deixara unha mancha, como intento de normalizar o ciclo menstrual. Tamén me pareceu interesante que nos deixaran poñer a cada un un post-it con unha mensaxe que quixeramos nunha parede. En xeral, a sección das “Guerrilla Girls” para min foi o mellor da saída.

lunes, 23 de mayo de 2022

Cartier-Bresson

                          Cartier-Bresson

 

Henri Cartier-Bresson naceu o 22 de Agosto de 1908 (Francia) e faleceu o 3 de Agosto de 2004. A pesar do seu lugar de nacemento, criouse en París.  

 Fotos: Henri Cartier-Bresson, más allá del 'instante decisivo' | Cultura |  EL PAÍS

 Aos 5 anos interesouse pola pintura, grazas a que seu tío pintor o levou a ver o seu estudio pero acabou por namorarse deste arte aos 15 anos. Cando mercou a súa primeira cámara (unha ‘Brownie Box’) só a vía como "unha maneira rápida de debuxar intuitivamente" e finalmente aos 18 anos de idade adicabase únicamente á pintura. Unhos anos máis tarde decideu probar a técnica que usaba cos seus debuxos para facer algunhas fotografías.

Non foi ata os 20 anos cando Bresson empezou a revelar as propias fotografías. Cando tiña tan só 22 anos a fotografía comezou a chamar moito máis a súa atención. Comezou a facer fotos de maneira máis seria cando viaxou a Costa de Marfil e era cazador.

(esta fotografía foi a que fixo que se interesara máis por dita arte,
Martin Munkácsi,1929)

Ao longo da súa vida puido retratar a grandes célebres, tal e como poden ser Henri Matisse, Pablo Picasso, Irène Joliot-Curie e incluso a Fidel Castro ou Che Guevara. Tivo a oportunidade de rexistrar importantes eventos como a morte de Gandhi ou mesmo a Guerra Civil Española, na cal puido filmar un documental propagandista  sobre o bando vermello "Victorie de la vie", aínda que non tivo gran éxito como cineasta.  Bresson foi o único periodista de occidente que tivo permitido visitar, tras a morte de Stalin, a Unión Soviética. 

 cartier-bresson-18-leningrado-urss-1973-fondation-cartier-bresson | MI SIGLOhenri cartier-bresson habana fidel castro palacio presidencial 1963 | Oscar  en Fotosmahatma gandhi 1948 henri cartier bresson

En Maio do 47 funda a axencia Magnum (xunto con Robert Capa, George Rodger,David Seymour e María Eisner), sendo esta a primeira axencia de fotografía cooperativista, na que os autores das fotografías manteñen os dereitos das mesmas e deciden por sí mesmos a onde viaxan. Dende a súa fundación foi medrando e a día de hoxe nela encontranse moitos dos principais fotógrafos do mundo.

 

                                                                                           Imitación foto Chema Madoz:

A continuación adxuntarei unha imaxe realizada por min baseandome nunha de Chema Madoz, tiven que poñerlle un filtro en branco e negro para aumentar o parecido. 


(foto orixinal) 


(foto imitando o seu estilo) 


lunes, 2 de mayo de 2022

Iluminación de estudo

Abaixo vou publicar unhas imaxes realizadas nun improvisado estudo fotográfico no que se puxo un busto sobre unha cadeira e se usou un fondo escuro para fotografialo. Fixemos algunhas fotografías con iluminación dende distintos ángulos, a luz apunta a un lado do busto facendo así que o lado contrario teña sombra.












viernes, 18 de marzo de 2022

viernes, 4 de marzo de 2022

Exposición Peter Lindbergh

O día 23 de febreiro de 2022 asistimos á exposición de Peter Lindbergh e,máis tarde á de " Mirar de novo. A muller contra o tempo" ambas en A Coruña. 

A primeira estaba situada na zona portuaria, pasas a través dunha especie de túnel feito de contenedores que te dirixe á sala principal. Na primeira sala vemos unha especie de tráiler sobre as imaxes do famoso fotógrafo. Logo xa dentro da nave podemos observar salas cheas de imaxes en formatos grandes recubrindo as catro paredes,imaxes icónicas e de persoaxes importantes como Kate Moss, Naomi Campbell ou Nicole Kidman. As salas destacaban principalmente por as diferentes luces e a maneira na que estas afectan á visual de maneira favorable. 

 

 

Baixo un punto de vista máis persoal atopo a exposición como unha saída interesante e realmente importante para alguén interesado no mundo audiovisual, xa que che da a coñecer novas maneiras de retratar e con elas ao seu fotógrafo.



 

Na segunda exposición, realizada por Afundación en A Coruña fomos a ver distintas obras da época contemporánea realizados por mulleres, intencionalmente silenciadas neste ámbito. En total había unhas 33 obras de 31 artístas que foron realizadas dende o século XX ata o día de hoxe. 


Na miña opinión outra saída moi importante e de gran interese, principalmente para as mulleres. Xa que podemos descubrir novas artistas e así poder ter referentes no mundo artístico debido a que, como comentei antes a muller foi silenciada en certos campos durante moito tempo.


lunes, 21 de febrero de 2022

A cor

Na seguinte entrada usei o programa de manipulación de imaxes de GNU para cambiar unha fotografía e destacar o centro de atención da mesma.

 A cor dalle temperatura á imaxe

 

 

 

Imaxe orixinal:


 Imaxe modificada:

  travelling frontal: travelling lateral: