viernes, 28 de abril de 2023

Saída didáctica

 O pasado día 11 de Abril acudimos a unha saída didáctica coa clase de CAU. 

En canto chegamos a Santiago atravesamos a pé o Parque Monte da Almaciga, ao final de este vemos unhas grandes hortas e continuamos o noso camiño ao lugar da exposición (Centro Galego do Arte Contemporáneo). Ao acabar de comer asistimos aos Cines Numax a ver o filme “Matria”.

O que máis me gustou ou chamou a atención foi a última parte da exposición, con obras de temática máis política. A obra que máis me sorprendeu e gustou foi a de unha rapaza que fixera un “pantalón” con compresas e incluso se deixara unha mancha, como intento de normalizar o ciclo menstrual. Tamén me pareceu interesante que nos deixaran poñer a cada un un post-it con unha mensaxe que quixeramos nunha parede. En xeral, a sección das “Guerrilla Girls” para min foi o mellor da saída.

  travelling frontal: travelling lateral: