viernes, 18 de marzo de 2022

viernes, 4 de marzo de 2022

Exposición Peter Lindbergh

O día 23 de febreiro de 2022 asistimos á exposición de Peter Lindbergh e,máis tarde á de " Mirar de novo. A muller contra o tempo" ambas en A Coruña. 

A primeira estaba situada na zona portuaria, pasas a través dunha especie de túnel feito de contenedores que te dirixe á sala principal. Na primeira sala vemos unha especie de tráiler sobre as imaxes do famoso fotógrafo. Logo xa dentro da nave podemos observar salas cheas de imaxes en formatos grandes recubrindo as catro paredes,imaxes icónicas e de persoaxes importantes como Kate Moss, Naomi Campbell ou Nicole Kidman. As salas destacaban principalmente por as diferentes luces e a maneira na que estas afectan á visual de maneira favorable. 

 

 

Baixo un punto de vista máis persoal atopo a exposición como unha saída interesante e realmente importante para alguén interesado no mundo audiovisual, xa que che da a coñecer novas maneiras de retratar e con elas ao seu fotógrafo.



 

Na segunda exposición, realizada por Afundación en A Coruña fomos a ver distintas obras da época contemporánea realizados por mulleres, intencionalmente silenciadas neste ámbito. En total había unhas 33 obras de 31 artístas que foron realizadas dende o século XX ata o día de hoxe. 


Na miña opinión outra saída moi importante e de gran interese, principalmente para as mulleres. Xa que podemos descubrir novas artistas e así poder ter referentes no mundo artístico debido a que, como comentei antes a muller foi silenciada en certos campos durante moito tempo.


  travelling frontal: travelling lateral: